É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAGE demandará penalmente a Fernández Ordoñez, Currás e Almunia por non comparecer na Comisión das Caixas
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) anunciou este xoves que interporá unha “denuncia penal contra os incomparecentes na comisión de investigación das caixas”: a ex conselleira Marta Fernández Currás, o ex gobernador do Banco de España Miguel Ángel Fernández Ordóñez e o comisario da Competencia e vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia.
Avanzárono o voceiro parlamentario de AGE, Xosé Manuel Beiras, e a vicevoceira, Yolanda Díaz, nunha rolda de prensa na que precisaron que a intención é que estea lista a próxima semana.
Así mesmo, Beiras rexistrou diversas iniciativas parlamentarias para pedir á Comisión de investigación e á Presidencia da Cámara que emprendan tamén as súas accións para “apercibir as responsabilidades penais aos incomparecentes”.
Beiras considera “moi grave” que Miguel Ángel Ordóñez, Currás e Almunia “se neguen a comparecer”, e Yolanda Díaz, subliñou que a lexislación estatal é moi di é obligatoria a comparecencia daqueles que sexan citados a unha comisión de investigación, “a trampa está en que esa é unha norma estatal e autonómica, é unha bulra, polo cal esiximos ao señor Santalices e á presidenta do Parlamento que advirtan das responsabilidades penais nas que incorren aqueles que se neguen a comparecer”.