Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másMáis de 1.000 familias poden solicitar dende este sábado axudas para a instalación da TDT en zonas rurais
A Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Administración Xeral do Estado, van destinar máis de 501.110 € no exercicio 2013 para subvencionar a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, pertencentes, fundamentalmente, aos concellos do interior de Lugo e de Ourense.
Está previsto que esta subvención beneficie, no presente exercicio, máis de 1.000 familias. A axuda será tramitada directamente a través dos instaladores autorizados que colaboran coa Xunta O prazo para que os beneficiarios presenten as solicitudes – a través dos instaladores autorizados – comeza este sábado, día 29 de xuño, e rematará o 30 de setembro.
O servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) permite disfrutar de xeito gratuíto das canles de TDT nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calidade axeitada para a correcta recepción. Serán subvencionables as novas instalacións do servizo de TDT a través de satélite, podéndose solicitar como máximo un equipamento por usuario e vivenda. Ademais, co fin de non discriminar ás familias que xa teñan instalado pola súa conta un equipo para a recepción deste servizo, estas poderán solicitar subvención para un segundo receptor na súa vivenda.
A Xunta prevé prorrogar este plan ata o ano 2015, o que suporá un investimento total de máis de 800.000 € e beneficiará arredor de 3.000 familias de 78 concellos do interior de Lugo e de Ourense.