Vigo al minuto

A Xunta entrega ao Concello as 9 bandeiras azuis que teñen as praias da cidade este verán

O pasado 21 de xuño, o presidente da Xunta de Galicia presidiu na praia de Valcovo, en Arteixo, a entrega dos distintivos aos concellos que este verán contarán con bandeira azul. Ao non asistir ningún representante do Concello de Vigo a dito acto, foi hai uns días cando a Delegación Territorial da Xunta na cidade entregou a responsables municipais os 9 distintivos, co que xa poden izar as bandeiras nos vindeiros días.

Os areais de O Vao, Argazada, A Punta, Tombo do Gato, Fortiñón, Canido, Fontaíña, Rodas e Figueiras  – estes últimos nas Illas Cíes – lucirán este verán a bandeira azul. Ademais, o Museo do Mar de Galicia tamén recibiu un diploma coma Centro Bandeira Azul.

En total, subliña a Xunta,  na Delegación Territorial do gobernó galego na cidade, concedéronse un total de 25 bandeiras azuis, sendo Cangas do Morrazo o seguinte concello, tras Vigo, en obter un maior número de bandeiras  -7 -. Mentres, os concellos de Moaña, Baiona e Nigrán contan con 3 bandeiras cada un. No ámbito territorial de Vigo, 3 areais contan con bandeiras novas.

 

También te puede interesar