Vigo al minuto

Almunia pretende que devolvamos o mesmo tax-lease que non obrigou a devolver a Francia

O Conselleiro de Economía e Industria  reclamou este domingo  a Joaquín Almunia unha postura coherente da Dirección Xeral da Competencia da Comisión Europea respecto ao caso do ‘tax lease’ español, que teña en conta os propios precedentes xurídicos marcados cando en Francia ocorreu unha situacion similar. Francisco Conde destacou que a anterior comisaria, Neelie Kroes, descartou a devolución das axudas por parte dos estaleiros franceses, e pediulle a Almunia que acepte, por “responsabilidade”, os argumentos xurídicos presentados por España e os estaleiros galegos, asturianos e vascos.

Este luns está programado un encontro do presidente da Xunta co Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, ademais dos seus homólogos vasco e asturiano e Pymar en nome dos estaleiros privados españois. A é lanzar unha mensaxe inequívoca de apoio ao sector naval e deixar clara unha posición fronte á Comisión Europea para que considere os argumentos que España presenta en defensa dos estaleiros, sinalou o conselleiro, que porán o foco sobre a confianza lexítima e a seguridade xurídica baixo a que actuaron as empresas.

Avanzou, ademais, que, durante as próximas dúas semanas, tanto o Goberno galego como o resto de axentes implicados buscarán un cambio na postura da Comisión Europea non só poñendo en valor argumentos técnicos, senón políticos. Desde este último punto de vista, resaltou Conde, a Comisión debería ter en conta a taxa de paro de España, xa que a decisión de devolver as axudas do ‘tax lease’ agravaría esta situación ao poñer ao naval en grave risco de desaparición.

O conselleiro cualificou de “inxusta e desproporcionada cara ao sector naval galego” a decisión manifestada por Almunia de obrigar a devolver as axudas do ‘tax lease’. “A solución ao sector naval está en recoñecer que non teñen que devolver as axudas”, subliñou.

E ademáis: Mándalle unha mensaxe ao comisario Almunia

 

También te puede interesar