Galicia

Varios feridos nunha carga dos antidisturbios contra manifestantes, diente de San Caetano

Axentes antidisturbios da Policía Nacional cargaron este luns contra centos de manifestantes da flota do polbo que se concentraron ante as portas da Xunta despois de que este lanzasen ovos, botellas, pedras e petardos contra o edificio administrativo de San Caetano.

Os manifestantes, que protestan contra o novo plan do polbo, reaccionaron pedindo a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, e chamando “asasinos” aos axentes. Durante a carga, resultaron feridos varios manifestantes, un rapaz de 15 anos foi asistido polo 061 e varios policías sufriron contusións.

 

También te puede interesar