É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másFeijóo, certifica o momento “crítico” do Naval e pide actuar con intelixencia
“Agora é o tempo de manter unha postura positiva e intelixente, haberá tempo para outras iniciativas e outros métodos”. Eso é o que asegurou este martes en Vigo o presidente da Xunta logo de manter unha xuntanza cos representantes dos asteleiros e os máximos dirixentes das duas asociacións nos que se integra todo o sector Naval e do Metal, Asime e Aclunaga.
Feijóo, logo de certificar que o Naval está nunha situación crítica, salientou que “nunca vin unha posición tan unánime ni tan unitaria de toda a sociedade diante dun problema” – facendo referencia ao rexeitamento de todos os partidos, de todas as administración, con independencia do signo político dos seus gobernantes, das centrais sindicais e da patronal – pediu que no caso da devolución do tax-lease, plantexado polo vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, que “se aplique o sentido común para non destruir 87.000 empregos directos en todo o Estado, 14.000 deles en Galicia”.
O presidente confirmou que haberá unha reunión con Almunia a semana que ven e que nela estarán os secretarios xerais de Comisiones Obreras y Unión General de Trabajadores, ademáis de Pymar, en representación dos asteleiros. Feijóo non disimulou a súa molestia polo desaire do comisario da Competencia, “que non tivo a ben recibir este mércores a tres presidentes – os de Asturias, Euskadi e Galicia – ademáis de ao ministro de Industria e aos representantes dos dous maiores sindicatos españois”.
A preguntas dos xornalistas salientou que os “argumentos xurídicos” dan a razón a España e, por elo, pediu ao comisario Almunia que retire o seu borrador de resolución e “teña en conta a seguridade xurídica, posto que os asteleiros actuaron conforme á lei, e o principio de non discriminación en relación con Francia” que, hai que lembrar, pese a estar nunha situación semellante á española non tivo que devolver nen un euro das axudas fiscais aos seus asteleiros.
Feijóo lembrou que Joaquín Almunia foi ministro de Traballo, “e coñece perfectamente a situación laboral na que estamos”, por elo, segundo o presidente da Xunta, non pode pretender que a prioridade da Unión Europea sexa loitar contra o paro e, ao mesmo tempo, “consentir a perda de 87.000 empregos directos”. O xefe do goberno galego, non quixo confirmar contactos entre Mariano Rajoy e o máximo responsable da Comisión Europea, Durao Barroso, aínda que sí deixou entrever esta posibilidade, “me consta, expresamente, que o presidente Rajoy está actuando en todos os frentes”.
Pola súa banda os representantes de Asime e Aclunaga incidiron na “extrema preocupación” ante este problema que “non poidemos asimilar” e enfatiraron e reiteraron que o feito de ter que devolver as axudas derivadas do tax-lease, “sería o fin deste sector”.