É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Plan Xeral de Ponteareas terá que volver a Pleno logo de incumplir varios requisitos legais
A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ponteareas, terá que volver a Pleno logo de que a súa aprobación fose declarada non válida tendo en conta o informe desfavorable do documento por parte da Secretaría Xeral do Concello. Ademáis diso, segundo o BNG, na Xunta de Voceiros municipal celebrada este luns, o alcalde confirmou que lle ocultara máis de dous meses o referido informe de Secretaria ao equipo técnico do PXOM, presente na reunión, algo que os nacionalistas califican de “feito moi grave”.
A xuizo do BNG, a actuación de Salvador González Solla “é máis propia dun incompetente que dun alcalde” ao tempo que lembra que os cambios a realizar son cuestións de fondo do documento que teñen que figurar na aprobación inicial. “Trátase de cambios de fondo, cuantitativos e cualitativos, de suma trascendencia, co fin de corrixir as desfeitas do urbanismo do Partido Popular durante décadas” afirmou o voceiro dos nacionalistas.
Xosé Represas, salientou que o informe da Secretaría era ben craro, “as modificacións deben facerse antes da aprobación inicial e de información pública, debendo contar con informes técnicos e xurídicos municipais”.