Vigo al minuto

Esquerda Unida indica que non hai informe algún que avale ‘éxito’ con axudas públicas a compañía aéreas privadas

Esquerda Unida salienta que a Comisión Nacional da Competencia, nos seus informes anuais, establece claramente que os máis de 250 millóns de euros en axudas á compañias entre 2007 e 2011 non serviron para facer viables as rutas comerciais en casi ningún aeroporto e moitas das axudas simplemente serviron para maquillar resultados económicos das compañías.

Para EU hai que avanzar na defensa da xestión pública do transporte aéreo e especialmente dos órganos xestores aeroportuarios como AENA. “Non é casual que a TAP Portuguesa sigue sendo pública  – unha vez fracasado o intento de privatización – e por iso pode establecer dende Oporto prezos con descontos para liñas de interese público imposibles de ofertar dende Vigo”. Incluso poden establecer, asegura EU,  estratexias públicas entre TAP e Turismo de Portugal  – ambas propiedade do estado – para fomentar o turismo masivo a rexións como o Algarve.

Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo, considera que a mellor axuda que se pode facer para que os vigueses e viguesas usemos o aeroporto e crear a figura, xa existente en Renfe, de “obligaciones de servizo público” por parte do Ministerio de Fomento “alomenos da liña aérea Vigo-Madrid e Vigo-Barcelona e polo tanto habilitar axudas en forma de rebaixas das tasas e prezos dos billetes”. Xa vai sendo hora, engade Rubén Pérez, de entender que deixar o transporte aéreo ás leis de libre mercado e pretender que as axudas a compañías privadas repercutan no precio final do billete é imposible.

O responsable local de Esquerda Unida considera que é falso esa visión do aeroporto de Lavacolla como unha infraestructura que esta sendo viable polas axudas públicas de Xunta e Deputación xa que amortizar os 220 millóns de euros da nova terminal con axudas a unha compañía de baixo coste como Ryanair que supón o 60% do tráfico de Lavacolla é imposible.

Ademáis asegura que competir con Sa Carneiro, “que suma en só en un ano 6 millóns de pasaxeiros, un 60% máis de media que a suma dos tres aeroportos galegos, é imposible sen coordinarse entre os tres aeroportos galegos”. Por exemplo, continúa, en Portugal existe un tráfico importante a París pola forte comunidade lusa na cidade  -52.000 pasaxeiros cada trimestre – que “aquí en Vigo non se da polo que pretender establecer paralelismos entre líñas é completamente ilusorio”.

 

También te puede interesar