Vigo al minuto

O Naval volve á rúa en Vigo advertindo que as protestas van a endurecerse

TRaballadores do Naval, este xoves saindo de Barreras/Tresyuno Comunicación

Centos de traballadores do Naval sairon este xoves pola mañá á rua para esixir unha solución ao sector logo das intencións do comisario da Competencia e vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, de que haxa que devolver al axudas do antigo ‘tax-lease’ do que se beneficou o sector – e que foron aprobadas pola propia Unión Europea – dende 2005.

Entre berros de ‘Europa escoita o Naval está en loita!’,’A culpa de quen é do PSOE e do PP!’, ‘Onde están non se ven os barquiños do PP’ e ‘lembranzas’ para Almunia, os manifestantes, detrás dunha pancarta na que podía lerse ‘Europa o Naval en loita’, percorreron o centro de Vigo advertindo que van a ‘endurecer’ as súas mobilizacións esixen á UE  que non obrigue a devolver as axudas concedidas ao abeiro do tax lease.

Os sindicatos calificaron de imprescindíbel que a sociedade viguesa dea unha resposta contundente a esta situación e rexeite na rúa “campañas propagandísticas como as de Pemex”, e  lembraron que en épocas menos duras se convocaron tres folgas, “non entendemos porqué a estas alturas aínda non se convocou ningunha”.

 

 

También te puede interesar