Así se desprende dos datos facilitados este martes pola patronal da industria metalúrxica e á industria auxiliar do naval (Asime) dende hoxe confirmouse que unha decena de armadores, “clientes habituais” dos estaleiros da ría de Vigo, xa comunicaron “por escrito” a súa intención de “non encargar nunca máis un buque en España se a resolución do expediente do tax lease obriga a calquera tipo de devolución de bonificacións”.
Así manifestouno o voceiro de Asime, Enrique Mallón, nunha rolda de prensa, na que sinalou que varios estaleiros da ría teñen no seu poder eses comunicados, e que puxeron en coñecemento das administracións esa situación. Segundo Mallón, trátase de armadores de Estados Unidos, Noruega ou Sudamérica, que viñeron contratando barcos nos estaleiros vigueses habitualmente, ate o punto de que ios seus pedidos representaron ate o 60% por cento da carteira de pedidos dos asteleiros
Enrique Mallón calificou de “mentira e falacia” as declaración de Joaquín Almunia, de que a devolución do tax lease non afectaría os estaleiros. “É sorprendente esta belixerancia contra o sector naval español”, subliñou.
O representante de Asime tamén lamentou que, nos últimos anos, debido á xestión de Almunia o sector naval vigués deixou de asinar 54 contratos para construír barcos cun valor medio de 115 millóns de euros cada un, encargos que finalmente se foron a Noruega, Alemaña, China e Corea.