Comarcas

Cruz Vermella pide colaboración para reformar o baño dunha familia de Pontevedra con tres dependentes

Cruz Vermella Galicia pediu a colaboración cidadá, a través do espazo solidario ‘Agora + que nunca’, para reformar o único cuarto de baño dunha familia con dificultades residente en Pontevedra. A familia non pode asumir o custo da obra, valorada en 1.044 €.

A familia, segundo informa Cruz Vermella, está composta por cinco persoas –un matrimonio que vive con dúas fillas e unha neta –  e tres delas teñen recoñecida a situación de dependencia -. A reforma – que consiste en cambiar unha bañeira por un prato de ducha – melloraría a calidade de vida da familia, dado que a nai está en cadeira de rodas.

As persoas que desexen colaborar con Cruz Vermella nesta iniciativa poden entrar na páxina web www.agoramaisquenunca.org para informarse e facer a súa achega. O obxectivo é superar o reto a través de microdoazóns das persoas interesadas en colaborar.

A través de iniciativas como esta, englobadas baixo o lema ‘O teu apoio é necesario’, Cruz Roja conseguiu retos como unha cama articulada para unha vítima dun ictus cerebral, audiófonos para unha persoa maior con graves problemas de audición e electrodomésticos para familias numerosas en dificultades de Burela e A Gudiña.

 

También te puede interesar