Eres galeg@ e médic@? Brasil ten traballo para ti…e xa

O goberno brasileiro ven de empezar un ambicioso programa, “Maís médicos para Brasil” co que pretende atraer a miles de doutores extranxeiros a aquel país para acabar co déficit endémico de especialistas que ten a rede sanitaria pública. O programa abrangue, ademáis, a estudantes dos últimos anos de carreira e aumentará os anos de formación. A iniciativa foi lanzada como unha resposta do goberno da presidenta Dilma Rousseff ás históricas protestas que sacudiron Brasil en xuño en demanda de mellores servizos públicos e contra a corrupción.

Dentro deste plan o secretario de Xestión do Traballo e Educación en Saúde (SGTES), Mozart Saes, desprazouse este mércores a Santiago onde mantivo encontros coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; e a Facultade de Medicina da USC, ademais de con facultativos na sede compostelá do Colexio de Médicos.

Brasil busca en Galicia médicos de atención primaria para exercer en rexións necesitadas – zonas do interior de Brasil e periferia das grandes cidades .- Os contratos asinaranse por tres anos, prorrogables a outros tres, cun soldo mensual de 3.435 €.

O responsable de saúde de Brasil indicou que o seu país ten “moito interese” en captar profesionais en países como España, “uns 7.000”, subliñou. Os interesados poden acceder, premendo aquí á documentación sobre o programa para o que permanecerá aberto o período de inscricións ata o 25 de xullo. Mozart Saes indicou que os seleccionados deberán incorporarse en agosto para un curso de tres semanas en universidades brasileiras para recibir formación sobre o idioma e a lexislación sanitaria do país.

 

You may also like