Do matrimonio do castelán e o portugués sae un fillo fermosísimo e moi san: o galego. Así o demostra o documental ‘Entre linguas’, dirixido e feito por un equipo integramente galego que trata de ser un extenso estudio filolóxico que amosa como en cinco zonas fronteirizas de España e Portugal ambos idiomas se entrelazan e dan como resultado dialectos usados hoxe en día pola población local e moi similares ao galego actual.
Distribuido por Amén Cinema, o documental descubre pouco a pouco como o contacto das falas co español é o causante de que a lingua nativa nalgún territorios, incluso en concellos enteiros, quede absorbida. Idea do colectivo Glu-Glu (Galego Lingua Útil-Galego Lingua Universal), o documental é o seu primeiro traballo, aínda que xa teñen en mente visitar a fronteira de Uruguai con Brasil para verificar se o proceso de contacto ofrece os mesmos resultados alí.
O galego do que nada sabiamos
Hai dúas décadas foi moi sonado en Galicia o ‘galego de Cáceres‘, un caso que se reproduce en outros catro territorios ao longo da fronteira de Portugal, desde Zamora ata Badaxoz, onde a pesar de ser territorio español por vicisitudes históricas conservan unha fala moi similar ao galego. No documental, os veciños destas zonas, case sempre pequenas vilas, contan como ven esta peculiaridade e conversan sobre os motivos para continuar falando e cantando nun idioma que non é de nin teu nin meu.
Respalda esta idea o feito de que en 16 escolas públicas, centros rurais e institutos na zona limítrofe de Castela e León o galego goza dun réxime de protección propio, aínda que tamén se imparte como asignatura noutros dez centros do resto de España e outros 20 espallados polo resto do mundo.