Compromiso por Galicia ven de solicitar, ao concello que resolva a perigosa situación que está a suceder na cancha de deportes da praza do Berbés, debido á baixa altura das mallas de seguridade. Esta baixa altura provoca que moitos balóns caian directamente ao tunel de Beiramar e que os xogadores baixen até alí a recuperalos, e nalgúns casos nenos de pouca idade sorteando os coches que pasan a grande velocidade.
Compromiso por Galicia quere denunciar esta situación que vai repetirse máis amiudo, xa que acaban de instalarse canastas de baloncesto que, coa súa altura e proximidade ao fondo da cancha, van provocar máis saídas de balóns fora da cancha e novas baixadas ao tunel de Beiramar para recuperalos.
Tendo en conta os antecedentes destas situacións de grande risco para nenos e conductores, CxG solicita urxentemente do Concello este incremento da altura de seguridade das redes laterais, para evitar que “teñamos que lamentar unha desgracia que podía ter sido evitado cun custe mínimo”.