Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis denuncia a rotura de 6 tubaxes en dúas semanas

A Asociación Veciñal de Teis, ven de denunciar  que no período de 15 días, producíronse seis roturas de tubaxes no barrio de Teis, tres delas esta semana. Estas foron  na rúa Campa e unha na subida a Ponte. “A última este mesmo sábado na rúa Campa, que os operarios da concesionaria Aqualia a estaban amañando”.

“Estamos falando na actualidade contabilizadas pola asociación de máis  27 roturas de tubaxes no barrio de Teis,  debido ao deterioro e mal estado da rede de abastecemento de auga”, comentan os seus responsables.

A Asociación quer agradecer a colaboración da veciñanza afectada, que está avisando a asociación das novas roturas, para que “teñamos constancia das mesmas e denunciemos esta situación”.

A propia asociación subliña que “as roturas supoñen o corte do suministro de auga, o deterioro das rúas e camiños  con continuos remendos, nalgúns casos danos aos electrodomésticos e propiedades. Ademais de constatar un pésimo servizo  da concesionaria municipal Aqualia, que se lucra cos noso cartos”.

A Asociación, “xa que o concelleiro de Fomento, nin o Alcalde, reciben a asociación ou a veciñanza afectada”, lles piden que visiten o barrio de Teis, para dar explicacións a veciñanza desta “situación escandalosa”, eso sí, conclúen, “as visitas non sexan as agachadas”.

Por último, diante da gravidade da situación e da “falta de resposta do goberno municipal, co incumprimento incluso dun acordo plenario”, a asociación informa de que  convocará a veciñanza afectada  a unha asemblea a comezos da vindeira semana.

 

También te puede interesar