Este mércores pola tarde, no Auditorio de Castrelos, realizábase o derradeiro ensaio para a Gran Festa Romana-Celta que se celebrará este xoves, día 18, en Vigo. Ás 10 da noite comezará en Balaidos un pasarrúas, onde 26 romanos e 15 castrexos, “combinando pasado e presente”, animarán a noite viguesa, para concluir en Castrelos ás 11 da noite cun verdadeiro espectáculo visual, sonoro e sobre todo cargado de sentimento. O espectáculo será de entrada libre e “estará cargado de diversión e sentimentos, recordando o que fomos e o que somos”.
Dúas compañías galegas, Troula Animación e Bruxo Queimam, serán as encagardas de levar a cabo este espectáculo único en Vigo, con máis de 50 actores en escea, ademais de aéreos e de pirotecnia.
A Gran Festa Romana-Celta combinará danza, malabares, fogos e pirotecnia con diferentes estructuras aéreas coa “intención de chegar ao corazón da xente”.