Galicia

Besteiro pon rumbo á Secretaría Xeral dos socialistas galegos

Xosé Ramón Gómez Besteiro – presidente da Deputación de Lugo – camiña con paso firme cara á secretaría xeral dos socialistas galegos. Ao apoio do presidente do partido en A Coruña e Santiago, e o do ex ministro José Blanco, ademáis do PSdG de Lugo, súmase o anuncio do actual líder dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, de que non se optará a outro mandato.

Vázquez se comprometeu a “traballar a tope con exquisita neutralidade” para garantir “un modélico” proceso. Asi o explicou este venres indicando que enviou unha carta aos cargos do seu partido na que traslada a súa decisión, ao tempo que os invita a “participar con ilusión e con ganas” nun proceso de “renovación dende a base”, que cualificou de “histórico”.

No anuncio da súa decisión eludiu falar de “deslealdades” cara a el, pero si insistiu na mensaxe de que agora “non se presenta o que non quere ou non pode” e en que o resto son “escusas de mal pagador”. Aínda que non puxo nome ao destinatario, a mensaxe parecía dirixida aos que criticaron a súa xestión, pero finalmente avalan a Besteiro.

E é que Novo Socialismo Galego, que aglutina boa parte dos máis críticos con Vázquez, anunciou a súa intención de apoiar ao Besteiro, como o fixeron Caamaño e Branco. Ademais de Lugo e A Coruña, outras agrupacións como a compostelana son favorables ao aspirante lucense. Vigo mantén a incógnita, pero no partido considérase a posibilidade de que só Besteiro logre os máis de 1.000 avais precisos para concorrer ás primarias.

 

También te puede interesar