É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másSerbia, Taiwan, México e Polonia presentes na XIV Noite Internacional do Miño, en Tui
O Parque do Laxal en Rebordáns vai acoller o próximo martes, 23 de xullo, a partir das 9 e media da noite a XIV Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Música e Baile San Fins de Rebordáns coa colaboración da Concellería de Cultura de Tui.
O folclore de Serbia, Polonia, México e Taiwan será este ano o protagonista nun evento que aposta cada ano por achegar ata Tui o folclore doutras culturas.
Dende Serbia chega o grupo Simonov Ensemble, un dos mellores do seu país, que achegará unha selección de bailes e música representantivos de Serbia. Dende Polonia estará presente o Folk Group “Raciborzanie” que representará bailes da rexión de Silesia e doutras zonas, cos seus traxes tradicionais. O momento máis exótico da noite chegará co Chinese Arts Dancins Ensemble de Taiwan. Dende Jalisco, en México, estará presente nesta Noite Internacional “Estampas de México” integrado por estudantes universitarios.