Deportes Vigo al minuto

O Baloncesto Seis do Nadal-Coia, á Liga Senior Masculina por primeira vez na súa historia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia competirá a próxima tempada 2013 -2014, e por primeira vez na historia da entidade viguesa, na Liga Primeira División Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

Despois de catro tempadas consecutivas na Liga Segunda División Sénior Masculina e conseguir o ascenso á Primeira División Sénior Masculina nas dúas últimas campañas, sendo subcampión da liga na tempada 2011/2012 ao mando de César Álvarez e campión na tempada 2012/2013 nas máns de Sergio González, o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia aproveitará o ascenso conseguido no último curso e competirá na Primeira División Sénior Masculina 2013/2014.

Na pasada tempada o equipo foi dirixido por Sergio González, Director Deportivo e adestrador da entidade, e Francisco García, e conseguiu proclamarse campión da Liga Segunda División Sénior Masculina cun excelente balance total de dezanove vitorias frente as tres derrotas encaixadas; sendo campión do Grupo Sur da competición e vencendo no cruce final ante o CB Arteixo  – campión do Grupo Norte da competición –; o que lle garantía o ascenso á Liga Primeira División Sénior Masculina, ascenso que, por fin, será disfrutado.

 

También te puede interesar