Uns trinta traballador@s de Povisa pecháronse este luns pola mañá na delegación da Xunta en Vigo como parte das medidas de mobilización aprobadas pola asamblea de personal, que abrangue a convocatoria dunha folga xeral na clínica dende o vindeiro día 19.
@s traballador@s demandan ser recibidas pola conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ou algunha outra responsábel da Consellaría de Sanidade sen veren atendida a súa demanda. Ao redor da 1 boa parte das.manifestantes abandonaron xa o edificio ante a ameaza de desaloxo policial.
Dentro, segundo os delegados sindicais, quedan rodead@s por un dispositivo membros do comité,que foron identificad@s, así como outras persoas que se atopaban no interior.