Cultura

Visitas e rutas guiadas de sendeirismo para coñecer o patrimonio histórico natural de Covelo

Unha ruta de sendeirismo/Foto: Turismo en Covelo

A Oficina de Turismo de Covelo, co  apoio do concello ven de organizar  unha serie de visitas polos diferentes lugares e rutas do municipio. Realizaranse catro rutas de senderismo guiadas, duas rutas ó patrimonio eclesiástico, tres a museos e centro de interpretación e duas a industrias da zona, repartidas entre agosto, setembro e outubro.

O sábado 17 de agosto: visita ó conxunto Abacial de Barcia de Mera e á igrexa de Baldomar. Necesítase levar coche a todos este lugares. A saída será ás 11 da mañá na  na igrexa de Baldomar e empezará o camino cara ó concunto abacial de Barcia de Mera.

O sábado 24 de agosto: visita a empresa cárnica “Fontefría”. A saída será ás 2 e media da tarde da Praza do Concello e a visita durará toda a tarde.

Sábado 31 de agosto: ruta de San Xoán Mosteiro e visita ó conxunto abacial de San Martino. Saída dende a Praza do Concello ás 10 e media. Dificultade media. Remataríase sobre as 2 da tarde.

O mes que ven e en outubro seguirán estas actividades que poden consultarse premendo aquí.  Para todas estas visitas é necesario inscripción previa, na páxina do Facebook “Turismo en Covelo”, no e-mail [email protected] ou chamando ó 638 015 428, dando o nome e um telefono de contacto

 

También te puede interesar