Cultura Vigo al minuto

Vigo, protagonista dunha serie web rodada na cidade e por veciños da mesma

Fabián Figueroa e Piño Prego, directores da serie web ‘Vigópolis’, presentaron este martes, na Praza da Princesa, este novo proxecto ao son da música de Frans Banfield e Brian Moure.  Segundo explicaron ante os medios, o proxecto adáptase ás necesidades actuais e ofrecerá ao espectador unha nova visión e concepto de Vigo e a súa xente. A idea desta serie web, a rodar en Vigo e nos seus arredores, é que os vigueses e viguesas teñan unha “participación notable” na mesma, como figurantes, extras e incluso guionistas, a través dun concurso de tramas no que os interesados poden enviar propostas para a realización de posteriores capítulos, optando a un premio e á colaboración na rodaxe.

O obxectivo das partes implicadas pasa por dar a coñecer novas e descoñecidas zonas de Vigo, a súa gastronomía e as praias, como forma de promocionar turísticamente a cidade como urbe dinámica e creativa. A serie seguirá a vida do seu protagonista, un novo actor vigués de 33 anos que regresa á cidade tras catro anos en Madrid para presentarse a unha proba de cámara.

 

You may also like