Desde hoxe, todos os xoves de agosto e setembro, a Praza da Igrexa acollerá, ás 11 da noite,proxeccións gratuitas de clásicos do cine negro dentro do cliclo “Xoves Negros de Cine”, patrocinado polo Concello e organizado por VigoVello. Trátase dunha proposta cultural gratuita que proxectará, seis clásicos do cine negro.
“El Halcón Maltés”, “Tener y No Tener”, “El Sueño Eterno”, “Perdición”, “El Tercer Hombre” e “La Jungla de Asfalto” son, respectivamente, os seis filmes seleccionados, considerados clásicos do xénero.
O Concello e VigoVello habilitarán unha pantalla de 3×3 metros na Praza da Igrexa, ante unha das fachadas dun edificio restaurado. O obxectivo de organizador e patrocinador é dinamizar a zona histórica da cidade de Vigo e, tanto os organizadores como os responsables municipais invitaron á cidadanía a achegarse os xoves á Praza da Igrexa.