Vigo al minuto

Fontes de Povisa desminten que a familia Silveira teña inversións en Sicav algunha como asegura EU

O pasado día 14, o coordenador local de Esquerda Unida, nunha nota de prensa, aseguraba que o grupo parlemantario de IU no Congreso dos Deputados, preguntaría faría unha pregunta en relación coa Sicav Títulos Galicia, con filiales en Illas Caimán e Madeira “ten sido un fondo de enriquecemento da familia Silveira” tributando ao 1% e que “gran parte dese beneficio saíu do traballo da plantilla cuxas condicións laborais pretende agora rebaixar” e asegura que nesta Sicav ten invertidos máis de 2,6 millóns de euros.

Fontes de Povisa que contactaron con vigoalminuto, desmentiron “rotunda e absolutamente” que a familia Silveira tivese capital na devandita Sicav e tacharon as afirmacións do coordenador de EU de “completamente falsas”. Preguntadas sobre se os responsables da clínica, ante estas afirmacións, emprenderían medida legal algunha, as devanditas fontes non especificaron se chegarían a tomar tal decisión ainda que sí reiteraron que, “para nada hai as inversións das que se fala, nin nesas cantidades ou en calquera outra”.

 

También te puede interesar