Segundo a Consellería de Medio Rural, o lume rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de Macenda, que tamén afecta ao concello de Lousame, parroquia de Tállara, permanece controlado dende o sábado – ainda que non foi extinguido. O mesmo comezou pasadas as 4 da tarde do xoves e a superficie afectada -segundo estimacións provisionais – é de 450 hectáreas de monte arborado. Nos traballos de extinción levan participado 3 técnicos, 34 axentes forestais, 72 brigadas, 32 motobombas, 5 pas mecánicas, 9 helicópteros e 10 avións. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Tamén segue controlado dende as 9 da noite do sábado – e tampouco extinguido – o incendio do concello lucense de Navia de Suarna, parroquia de Rao, cunha superficie afectada –segundo últimas estimacións provisionais – de 280 hectáreas, das cales 180 son de superficie rasa e 100 de arborada. O lume comezou ás 7 da tarde do xoves e na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 25 axentes forestais, 82 brigadas, 25 motobombas, 3 pas mecánicas, 5 helicópteros e 7 avións.
Pola súa banda, o lume que se rexistrou este domingo ás 9 da noite no municipio pontevedrés de Pontecaldelas, parroquia da Ínsua, permanece controlado dende a madrugada deste luns e a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas. Nos traballos de extinción participan 6 axentes forestais, 13 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.
O incendio rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia homónima, quedou extinguido ás 10 desta mañá. O lume – que se iniciou onte ás 6 da tarde do domingo, afecta unha superficie provisional estimada de 26,91 hectáreas, das cales 2,11 son arboradas e 24,8 de monte raso. Nas labores de extinción traballaron 1 técnico, 5 axentes forestais, 16 brigadas, 6 motobombas, 2 pas mecánicas, 6 helicópteros e 12 avións.