A Deputación de Pontevedra adxudicou esta mañá 1,3 millóns de euros para levar a cabo o proxecto de análise e mellora das infraestruturas TIC nos concellos da provincia e a posta en marcha co Centro Provincial de Asesoramento Municipal en novas tecnoloxías (CPAM) dentro do plan DepoTIC “A tecnoloxía nas túas mans”.
O organismo provincial decidiu poñer en marcha o CPAM 2.0 ante o estado deficitario no que se atopan as infraestruturas dos concellos, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento e a implantación das TIC, eliminando as distancias entre cidadás, empresas e administración local.
De este xeito, os concellos disporán de solucións tecnolóxicas para suplir deficiencias sobre todo no referido a hardware e software, e dando pé a mellorar os servizos locais, a cohesión do territorio e sobre todo a participación cidadá na xestión de asuntos públicos.
Actuacións que desenvolven
Previsto para ofrecer servizo a 60 concellos da provincia, o CPAM se rexerá levando a cabo catro actuacións clave para conseguir obxectivos:
Auditoría de sistemas e comunicacións, se desenvolverá a principios de outubro para coñecer a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, de xeito detallado e mellorar a eficiencia de traballo dos empregados. Non só funcionará como inventario senón que certificará o estado de cada elemento, dende cableado, equipamento de rede e telefonía, comunicacións inalámbricas (pcs, bases de datos, copias de seguridade, antivirus, análise de ameazas, auditoría de custos, etc), elaborando un mapa global de cada un dos concellos.
Plan de mellora individual a partir de tódolos datos recompilados. Propostas de mellora personalizada para cada un dos concellos, establecendo como eixo principal a redución de custos e a mellora da eficiencia, aproveitando a infraestrutura da que dispón actualmente a administración local.
Nesta liña se sitúan as propostas de formación do persoal, de adquisición de novo equipamento, saneamento de puntos débiles, análise do sistema de seguridade e procedementos de xestión personalizados a cada administración local.
Plan de mellora conxunto que se fará tras obter os resultados das anteriores actuacións. O obxectivo é minimizar e optimizar gastos derivados de telecomunicacións, pero mellorando as prestacións de servizos proporcionando estes de xeito centralizado dende a Deputación.
Ademais a Deputación desenvolverá una política de seguridade común que se porá a disposición de todos os concellos rexéndose polo Esquema Nacional de Seguridade, debido ó crecente problema da seguridade da infraestrutura tecnolóxica.
Centro de atención ó usuario CAU. Unha das actuacións máis importantes no proxecto. Proporciona soporte e asesoramento personalizado a cada administración local e tódolos seus empleados públicos.
Se trata dun servizo que se proporciona de xeito centralizado dende a Deputación, coñecendo os problemas e o estado no que se atopan as tecnoloxías de primeira man no momento. Conta con 12 persoas que proporcionarán a atención de luns a venres en horario continuado de 8 a 20 horas; entre as que se diferencian profesionais de nivel 1 para a recepción de incidencias, diagnóstico e resolución. Técnicos de nivel 2, para incidencias de maior complexidade que requiran persoal con máis experiencia e formación, e técnicos de soporte a aplicación, especializados en tarefas relacionados co uso e manexo da Plataforma centralizada da administración Electrónica como daquelas que a Deputación proverá a través da nube privada, depoCloud.
A través do CPAM 2.0 o organismo provincial pretende conseguir a eliminación de barreiras entre administración e cidadás e unha maior cohesión, mellorando todas as prestacións públicas a disposición dos usuarios e impulsando o crecemento económico e a creación de emprego na provincia.