É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO alcalde reitera que non quedará ningun rapaz de Vigo sen beca de comedor este curso
O alcalde adiantou este mércores, no Colexio San Salvador de Teis, ao que acudiu o primeiro día do curso en Educación Infantil – de 3 a 6 anos – e Primaria – de 6 a 12 – que o Concello concederá ao redor de 5.000 becas para libros e comedor escolar. Tras falar cos rapaces, algún dos cales preguntoulle cómo se chamaba – “chámome Abel e son o alcalde…e tamén profesor” – profesores e responsables do centro – que calificou de “emblemático e de grande tradición na cidade”, Abel Caballero salientou que o Concello adica no orzamento de 2013 máis de 1,5 millóns de euros para este tipo de achegas e apoio á educación, “cantidade que asume o recorte de 178.000 € imposto pola Xunta nas bolsas de comedor na cidade”
A administración local rexistra un “notable incremento da demanda de comedor”, asegurou Caballero, máis solicitudes que conlevarán que o Concello incremente a partida económica no orzamento de 2014 para que “ningún alumno e alumna que cumpra os requisitos económicos quede sen achega para comedor”.
Caballero – quen lembrou que este mércores, en Vigo, empezaron as clases un total de 24.221 alumnos dos que 7.907 cursan Infantil e 16.364, Primaria – reiterou que a cidade inviste este ano máis dun millón de euros nos centros educativos locais, “fronte aos 600.000 € da Xunta que é a que ten a competencia, exclusiva, en Educación”.