O incendio que queimou todo o Monte Pindo, e cruzou o río Xallas para cercar O Ézaro, está controlado dende a última hora do sábado – ainda que non pode darse por extinguido -. Segundo estimacións da Consellería de Medio Rural, o lume arrasou unha 2.200 hectáreas, unha superficie que, dacordo coas testemuñas de veciños e membros dos efectivos antiincendios, superaría as 3.000 hectáreas.
A media tarde quedara desactivado o nivel 1 de alerta, que fora dado logo de que, a primeira hora do día o lume cercara medio cento de casas – que tiveron que ser desaloxadas – en O Ézaro. Pasadas as 7 da tarde, e logo do traballo de máis de 300 personas e ate 8 avións e 8 helicópteros que non deixaron de sobrevoar a zona durante todo o sábado, – e grazas a que amainou o vento – o lume estaba controlado.
As lapas arrasaron compretamente o Monte Pindo, do que non queda xa máis cun ‘paisaxe lunar’ de cinzas, atravesaron o Xallas pola parte máis estreita, chegaron a Dumbría, e acabaron con toda a zona do mirador e a cascada de O Ézaro – a única de Europa que cae ao mar. O espectáculo que pode verse dende o mirador é o que reflicte a fotografía – na que pode compararse co aspecto que tiña a zona hai apenas duas semanas cando pasou preto a Volta Ciclista.