Activos incendios en Peiteiros, Carnota, Negreira e Porto do Son,

Á hora de redactar esta información, un incendio iniciado ás 11 da noite deste venres, naparroquia de Peiteiros, en Gondomar, seguía activo logo de quiemar unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control traballan 5 axentes, 10 brigadas, 11 motobombas e 2 pas.

Dende as 7 da tarde de onte, permanece controlado – non extinguido – o incendio declarado o pasado mércores ás 9 e media da noite en Carnota. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais que se confirmarán tras o parametrizado, sitúase arredor das 2.200 hectáreas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 65 axentes forestais, 104 brigadas, 56 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 8 avións. Tamén traballaron na zona efectivos da UME.

Segue tamén controlado – ainda non apagado -o lume rexistrado no concello de Negreira, parroquia de Liñaio, tras comezar o mércores ao mediodía. A superficie afectada -segundo as últimas estimacións provisionais- é de 663 hectáreas. Nos traballos de extinción levan participado 1 técnico, 13 axentes forestais, 33 brigadas, 14 motobombas, 7 pas, 9 avións e 6 helicópteros. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Está así mesmo controlado – tampouco sen extinción – o lume do concello de Porto do Son, parroquia de Ribasieira, que comezara o venres ás 12 e media da noite. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada sitúase nas 325 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 20 axentes forestais, 39 brigadas, 20 motobombas, 4 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

Dende as 3 da mañá deste domingo, está extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia do Canizo. Iniciouse ás 7 da tarde de onte e segundo as primeiras estimacións provisionais afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 4 axentes forestais, 14 brigadas, 4 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións.

Asimesmo, pasadas as 10 da noite deste sábado, quedou extinguido o lume rexistrado no concello de Gondomar, parroquia de Vincios, que se iniciara a 1 e media da mañá. Segundo as últimas estimacións provisionais, , a superficie afectada sitúase nas 28 hectáreas. No seu control traballaron 6 axentes forestais, 19 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 2 avións.

 

También te puede interesar