Galicia

Controlados dous incendios que arrasaron 30 hectáreas no concello de Riós

Os efectivos de extinción de incendios veñen de controlar dous lumes que se declrararon a pasado noite no concello ourensán de Riós e que, segundo os datos da Consellería de Medio Rural, arrasou, ate o momento de redactar esta información, máis de 30 hectáreas.

Os dous lumes iniciáronse preto das 10 e media da noite e poideron empezar a controlarse preto das 7 da mañá deste luns. Os mesmos afectaron ás parroquias de Castrelo de Cume e nos traballos de extinción participan un total de oito axentes forestais, 16 brigadas, oito motobombas e dúas pas.

O paso dunha borrasca por Galicia está a deixar precipitacións en varios puntos, o que favorece os labores das brigadas para sufocar as lapas, que nos últimos días arrasaron máis de 4.000 hectáreas.

Nas últimas horas déronse por extinguidos os incendios de monte Pindo, en Carnota, que arrasou máis de 3.000 hectáreas – unhas 2.000 de monte raso -; Negreira, onde arderon 663 hectáreas – 333 rasas -; Porto do Son, con 325 hectáreas calcinadas -162,5 rasas – e Gondomar. Este último empezou ás 23.02 horas do sábado e afectou a unhas 26 hectáreas, 19 de monte arboredo. Na súa extinción colaboraron sete axentes forestais, 15 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, tres helicópteros e tres avións.

 

También te puede interesar