Segundo informa galiciaconfidencial, os veciños de Carnota atoparon esta fin de semana – logo de que volvesen as declararse outros dous lumes nas parroquias de Maceiras e Mallou – o que semella ser un artefacto incendiario, que xa foi entregado á Garda Civil. A información indica que é unha “especie de botella duns sete centímetros do que saían varios fíos a xeito de encendedor”. O Servizo de Protección da Naturaza (Seprona) da Garda Civil xa acudiu ao lugar dos feitos para investigar o achádego.
Este non é o primeiro artefacto incendiario que detectan veciños ou membros das brigadas de extinción. Hai unha semán, apareceu outr en As Neves, guindado dende unha avioneta, parecido a un cartucho de escopeta. Poucos días antes atopáronse pendurados de varias árbores outros trebellos atados ao que semellaba un pequeño paracaídas cun temporizadores e productos inflamables.