O Concello, o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia e a Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI) organizan as Xornadas Técnicas Galegas de Enerxías Renovables, que se celebran este mércores e xoves no Auditorio Municipal.
Na presentación das mesmas, o alcalde defendeu a aposta da cidade polas enerxias alternativas e recordou algunhas das medidas implantadas en Vigo para mellorar a eficiencia enerxética, singularmente no alumeado público. Abel Caballero adiantou que o Concello está a ultimar unha nova ordenanza reguladora do uso dos vehículos eléctricos, con vantaxes económicas e de circulación para os seus titulares, que será presentada este mesmo ano.
O vicedecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrais de Galicia e ao director da Fundación FAIMEVI, explicaron durante a presentación que prestixiosos profesionais do sector e algunhas das principais empresas especializadas abordan as novidades tecnolóxicas en cada modalidade de enerxía renovable – sol, vento, auga, terra, aire, biomasa – e avalían o presente e o futuro das mesmas.
O programa, para os 150 asistentes deu comezo cunha sesión sobre o financiamento dos proxectos para continuar co estudo das distintas especialidades da enerxía e concluirá cunha mesa redonda que analizará a situación actual e as perspectivas de futuro desta industria.
Xunto á organización, esta cita conta co patrocinio de empresas de ámbito nacional e internacional e asociacións profesionais, ademais da colaboración de colexios profesionais e escolas técnicas, asociacións, clústeres e centros tecnolóxicos, e revistas técnicas.