O próximo sábado día 21, veciños de Nigrán manifestaranse facendo unha caravana de vehículos que percorrerá as principias vías do concello para amosar o seu rexeitamento ao vial de alta capacidade que vai dende Balsa- Saiáns á unqueira, pasando por Porto do Molle . A saída está prevista para as 5 da tarde dende o torreiro de Priegue para dirixirse a Patos, Panxón, Praia América, Ramallosa e finalizará na casa do concello.
Segundo estos veciños, a necesidade deste vial de alta capacidade non queda xustificada no documento do Plan Xeral ( PXOM), non hai un estudio de mobilidade que o abale, nin que analice outras alternativas, nin un plan sectorial supramunicipal que o conteña. A pesar de que o alcalde informou en numerosas ocasións de que se trataba dunha imposición da Xunta, o certo é que a nivel autonómico non existe ningún documento que obrigue a incluilo no PXOM polo que “o goberno municipal é o único responsable desta decisión someténdose ós desexos do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras” e lembran que o propio Alberto Valverde, cando estaba na oposición, criticou duramente este vial e mesmo presentou alegacións contra o mesmo.
“Dende este colectivo pedimos o cumprimento dos acordos alcanzados no pleno extraordinario de do 29 de xullo de 2010”, redactados polo traballo realizado polo consello sectorial do PXOM de Nigrán onde “claramente”, nun dos primeiros puntos, se esixía a retirada deste vial e que calquer novo trazado viario quedase supeditado a un estudio de movilidade que analalizase pormenorizadamente e con datos actuais as necesidades existentes.
O vial afecta de modo directo a unhas 28 vivendas en todo o seu percorrido e a execución prevista deste vial pola vía da expropiación, afecta a un significativo número de vivendas, industrias e outras edificacións que terán que ser expropiadas para poder construir esta infraestructura. Noutros casos, un elevado número de vivendas e parcelas quedarán baixo a zona de afección. Ademáis, subliñan, o alcalde de Nigrán “mentíu ós veciños en numerosas ocasións” ó afirmar que estableceran a condición de que non afectara a ningunha casa.
Dende o goberno municipal “prenteden xustificar o vial como vía de conexión de Vigo con Porto do Molle e canalizar o tráfico pesado que xeneraría a futurible actividade do parque” pero, reireran, a realidade é que xa existen comunicacións suficientes do parque empresarial co resto de infrestructuras da área metropolitana.
“Se a isto sumamos o feito de que o vial non ten continuidade nos concellos limítrofes – Baiona e Vigo – conclúese que este vial debe ser eliminado do documento do PXOM e deberíase esixir o uso libre de peaxe da autoestrada AG-57, unha auopista que perdeu no último ano un 14% do tráfico e que constitúe unha verdadeira circunvalación do concello de Nigrán, de interconexión cos outros concellos do Val miñor e co resto da área metropolitana de Vigo, tal e como apuntaba a alegación de Alberto Valverde cando estaba na oposición”.
As alternativas a este vial pasan por un desenvolvemento do transporte público que a día de hoxe presenta moitas deficiencias no seu funcionamento e que “está sentenciado de morte pola desidia das administracións para retirar tráfico rodado nas actuais vías principais”.