Este é o xeito de celebrar este ano o ‘Día sin coche’, dentro da Semana Europea da Mobilidade que, este 2013 coincide co 90 aniversario da fundación do Real Clube Celta.
Tanto nos traxectos de ida como de volta, as tres lanzadeiras que habitualmente conectan distintos puntos da cidade con Balaídos, adaptadas aos horarios do partido, serán de balde este domingo, 22 de setembro, xornada na que o Celta enfróntase – ás 5 da tarde- ao Villarreal.
Ademais, todas aquelas liñas que presten servizo nas inmediacións do estadio tamén serán gratuitas antes e despois de finalizar o encontro, en dirección entrada e saída de Balaídos, respectivamente. Por tanto, as C4A, C5A, C6, C7, 8, 11, 12B, 17 e 23, entre unha e dúas horas antes e despois do partido, non terán coste para os viaxeiros.
Preme aquí para ver as liñas de balde