Galicia

Pasa a disposición xudicial o veciño de Tomiño presunto autor de 16 incendios forestais

B.B.C.,o mozo de 21 anos,  detido este xoves como presunto autor de polo menos 16 incendios forestais no concellode Tomiño este verán, ven de pasar a disposición do Xulgado de Instrucción número 2 de Tui. A Garda Civil investiga, ademáis se este veciño da parroquia de Pinzás está detrás doutros seis máis logo de ser sorprendido plantando por un vixilante da Comunidade de Montes de Barrantes.

O vixiante deu aviso ao Seprona, o cal procedeu á detención do sospeitoso. O mozo empregaba un chisqueiro para prender lume, segundo confirmou este venres o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, quen tamén confirmou que “actuaba só” e que, segundo soubo vigoalminuto, confesou os feitos.

 

 

You may also like