'Qué te cuentas?'

Rueda non aclara se o alcalde de Beade, que declarouse franquista, vai ser sancionado polo PP

Fotografía: elplural.com

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia e vicepresidente da Xunta, eludiu este venres contyestas á pregunta se si o seu partido vai a abrir expediente ao alcalde do concello ourensán de Beade, Senén Pousa, que non dubidou en declararse franquiste e en admitir que ten no seu despacho do concello simboloxía da época da ditadura.

Alfonso Rueda, lembrou que para tomar esas decisións hai, dentro do PP, un comité de dereitos e garantías. “Non estou de acordo coas manifestacións públicas que fixo o alcalde de Beade”, comentou Rueda aos xornalistas, pero non quixo respostar –maila á insistencia dos informadores- a si este franquista debería dimitir, “esa é unha decisión persoal”, sinalou o vicepresidente, nen a unha posible sanción, “repito, o PP  de Galicia manifesta, por boca do seu secretario xeral, que non está en absoluto de acordo con esas manifestacións”, concluiu.

 

También te puede interesar