Vigo al minuto

480 expositores de 36 países, en Conxemar del 1 al 3 de outubro

Conxemar (arquivo)/Tresyuno Comunicación

A Feira Internacional dos Produtos do Mar conxelados, Conxemar, reunirá 480 expositores dun total de 36 países distintos na súa décimo quinta edición, que se celebrará do 1 ao 3 de outubro no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

O evento conta con todo o espazo vendido para a edición deste ano, na que detectou a volta dos pavillóns dalgúns países, como é o caso de Perú, que estiveron ausentes na cita do ano pasado por participar na ‘Seafood’ que se celebrou por primeira vez en Barcelona. Ademais, India, Iemen, Italia e Francia participarán por primeira vez con pavillón propio, mentres que Portugal e China ampliarán a superficie expositiva que viñan ocupando.

En total, respecto á anterior edición, contarase con 4 países máis, pasándose dos 32 aos 36. Dende a perspectiva das empresas participantes, increméntase o seu número lixeiramente, baixando as nacionais e aumentando as estranxeiras.

Sobre a competencia que exerce a feira Seafood de Barcelona, que este ano celebra a súa segunda edición, o presidente de Conxemar explicou que en 2013 haberá clientes que non repetirán nela e que, ademais, o evento catalán non incrementa a súa superficie expositiva, algo que se acontecese, segundo apuntou, podería ser un “perigo” para a feira viguesa.

Por outra banda, José Luis Freire apuntou que todas as empresas galegas que viñan participando en Conxemar – tamén Pescanova- “renovaron” agás “unha ou dous que non poden vir”. Para facilitar o acceso á feira, a organización volverá ofrecer servizos de lanzadeira gratuíta con destino ao Ifevi dende os aeroportos de Santiago, Oporto e dende diferentes hoteis de Vigo.

Antes da feira, Conxemar organiza, o 30 de setembro, a segunda edición do congreso coorganizado coa Organización das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO), e que se centrará este ano no peixe branco, con especies como a pescada e o bacallau -que supoñen o 18% cento do total de peixe consumido en España -, e tamén outras procedentes da acuicultura como o panga.

No congreso – no que confirmaron a asistencia 320 personas de 10 nacionalidades- participarán representantes políticos de diversos países, membros da FAO, expertos e voceiros do mundo académico e da investigación, entre outre investigadores . Entre outras autoridades, está prevista a participación do ministro de Agricultura, Alimentación e Medio, Miguel Arias Cañete; ministros de Namibia e Perú e altos cargos de Chile, Costa Rica, Portugal, Vietnam e senadores de Alasca.

 

También te puede interesar