O Concello de As Neves organiza un curso formativo para a xuventude a través do programa ‘Actívate 2013’, convocado pola Deputación de Pontevedra. Trátase dun curso de ‘Coidados básicos para personas maiores’, ao que poderán optar mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, tendo preferencia personas desempregadas que non participasen na edición anterior deste mesmo programa.
O número mínimo de alumn@s para levar a cabo o curso será de 10 e o máximo de 25 e as inscripcións para o mesmo terán que presentarse no Concello de As Neves ata o 26 de setembro. A mesma deberá facerse no modelo de impreso, debidamente cuberto, coa data do rexistro no concello, fotocopia do DNI e tarxeta de demante de emprego.
A duración do curso será de 40 horas.