É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOutro lume, en Guitiriz, achégase ás casas da parroquia de Montemeá
Un novo incendio, que afecta ao concello lucense de Guitiriz dende as 3 e media da tarde deste luns, ven de obrigar á Xunta a declarar o nivel 1 de alerta logo de que as lapas se achegasen ás casas da parroquia de Montemeá.
O nivel 1 declarouse pasadas as 4, logo de que o lume, que cando escribimos esta información está descontrolado, se achegase a pouco menos de 40 metros das vivendas. Segundo varios veciños, o fogo empezóu en varios puntos da mencionada parroquia á hora do xantar e, nun principio, mentres non chegaron as brigadas de extinción, foron os propios veciños os que tentaron apagarlo.
A esta hora, informa a Consellería de Medio Rural no mesmo están a traballar tres axentes forestais, seis brigadas, seis motobombas, unha pá e catro avións.
Este lume súmase aos que esta mesma tarde afectan a Conxo, en Santiago, ás parroquias de Outeiro y Paradela, en A Merca, a Solbeira en Allariz – que arrasou xa 22 hectáreas –, A Mezquita, e a parroquia de Vilarello de Cota, en Vilardevós – estes dous, controlados.