Vigo aplicará en 2014 unha conxelación total de taxas, servizos e prezos públicos, “cunha rebaixa do 1,4% en termos reais”, en opinión do alcalde. Os veciños pagarán a mesma contía que este ano pasado nos recibos do IBI – a contribución- imposto de circulación, plusvalías de terreos urbáns ou obras instalacións e construccións.
Este martes, el rolda de prensa, Abel Caballero adiantou que o ano que ven non subirán: a expedición de documentos; licenzas de taxis, servizos especiais espectaculos e grandes transportes; extinción de incendios; cemiterios; grua municipal; recollida do lixo de vivendas e actividades comerciais; retirada postos venda via publica; inspección sanitaria (laboratorio municipal); desinfección, desinsectacion, desratización.; vertidos e limpeza de pozos negros; taxas do servizo de axuda no fogar (saf); taxas de garderias infantis; aproveitamento da via publica: vados, andamios, colectores de escombros, mudanzas, postos na vía pública, carga e descarga por motivo de obras, instalación de quioscos; instalación postos de venda; a ORA, prezo publico enseñanzas especiais (escola de danza, escola de música, escola de teatro); prezos públicos organizacion espectaculos, utilización do auditorio, actividades no zoo, taxas de licencia de obras. taxas de licencia de actividades e instalacións; prezos publicos pola utilización das instalacións do instituto municipal de deportes; taxas por visitas ó zoo; taxas por suministración de auga potable, rede de sumidoiros; saneamento e depuración de augas residuais.
As ordenanzas fiscais do 2014, incluirán, sen embargo, algunha modificación, por exemplo, a ampliación extraordinaria do período voluntario de cobranza, en determinados supostos vencellados á baixa capacidade económica. Tamén se modificará a ordenanza fiscal de telefonía móvil, neste caso, para cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE e aplicar o principio de equidade fiscal a unha serie de operadores de telefonía móbil que ocupan dominio público local e non tributan por esta taxa.
Bonificacións
Respecto das bonificacións, o alcalde aseverou que se manterán as mesmas que no actual exercicio, coa conxelación real das taxas en escolas infantís, -o 45% dos usuarios non pagan nada-; a asistencia domiciliaria, -o 22% non paga nada e o resto paga o 15%- do custo. Mantense a bonificación do 75% do imposto de circulación durante dous anos para vehículos con emisións de CO2 inferiores a 120 gr/km; taxa cero para terrazas; reducción 90% en licenzas de locais menores de 150 m2; reducción dun 10% na taxa do lixo para aquelas actividades que viron incrementado o IVE do 8 ao 21% o ano pasado; exencións na taxa de basura para familias monoparentais, numerosas, maiores de 65 anos que viven sós, desempregados de longa duración, dependentes- en función dos seus ingresos-, persoas con cargas familiares e máis de 22 meses ininterrumpidos en paro, se os seus ingresos son inferiores a 19.934 €.
Tamén se prorrogan outras ventaxes fiscais como bonificacións do 3% na contribución por pago en dous prazos; do 20% na taxa de lixo para oficiñas e despachos; a empresas de interese municipal; modificación da taxa do lixo ás fruterías, establecendo cinco tarifas en función do tamaño do local; o recibo da auga; bonificacións nos abonos das instalacións deportivas municipais cun 25% para os empadroados en Vigo; ou o 50% para familias numerosas con percepcións mínimas anuais inferiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional.