Vigo al minuto

Caballero acusa á Xunta e a Aena de querer pechar Peinador

O alcalde denunciou este mércores en rolda de prensa que “non se produciu ningún avance” na reunión de carácter técnico do comité de coordinación dos aeroportos galegos, e que na reunión de onte, Aena e a Xunta “reiteraron a súa oferta de 37 rutas para Santiago e tres e medio para Vigo, de xeito que propoñen para Lavacolla todas as rutas internacionais, as españolas, a potenciación de Madrid e Barcelona e se deixan a Peinador as que xa funcionan polo mercado”.

Caballero subliñou que a intención do goberno galego e Aena é de “peche real de Peinador e potenciación ao máximo de Lavacolla”.

Ante este plantexamento, o alcalde advertiu que “nin en sonos vou permitir que Aena e Feijóo pechen o aeroporto” ao tempo que esixiu á Xunta que “traballe en serio”, porque Vigo reclama a potenciación de Madrid e Barcelona, rutas transversais e os destinos internacionais de París, Londres, Francfurt “e outros do centro de Europa”. Ademaís, pediu que “cada ruta que se faga dende Vigo non se faga dende Santiago: niso consiste a complementariedade”.

 

También te puede interesar