Comarcas

Dimite a concelleira de cultura e tenente alcalde do concello de Arbo

Así o fixo saber a través de un comunicado de prensa enviado ós medios esta mesma mañán. O cal reproducimos íntegramente.

Dada a traxectoria que esta asumindo o partido AIAR no concello de Arbo, e despois da decisión no último pleno, de non apoiar un plan de axuste de pago os provedores que supoña un gran beneficio para o concello, que podería seguir prestando todos os servizo básicos sen verse totalmente afogado, Fabiola Durán concelleira de cultura e tenente alcalde polo concello de Arbo en representación do partido AIAR, non entende a decisión tomada polos seus propios compañeiros Pepe Simón e Salomé Troncoso, votando en contra dos intereses do propio concello. Concello, do que recordemos, lle correspondería asumir a alcaldía neste mes de setembro. A concelleira, logo deste inesperado xiro, entende que por parte dos seus compañeiros, non hai ningunha intención  de seguir coas responsabilidades que lles corresponden para defender os intereses dos votantes de AIAR e dos veciños de Arbo , sendo isto unha falta total de responsabilidade co pobo de Arbo. Por todo isto Fabiola Durán vese na obriga, e así o dita a súa conciencia, de non seguir pertencendo o partido AIAR, polo que presentará a súa renuncia no mesmo.A concelleira afirma que o partido independente non foi creado para ir encontra dos intereses de Arbo nin do seu concello,polo que o camiño que se está seguindo nos  últimos meses, dista moito do sentimento que se tiña cando foi creado o partido AIAR estando a súa cabeza  Luís Rodríguez.De todos os xeitos, si se decidise retomar as políticas iniciais polas que se formou o partido independente, volverían a contar con todo o apoio desta concelleira.Fabiola Durán desgustada por toda esta situación , e non estando de acordo en absoluto co rumbo do seu partido, presentará a renuncia do partido AIAR na próxima semana, pero non o fará soa, senón que tamén presentarán a súa renuncia Luís Rodríguez, que foi o cabeza de lista do partido e extenete alcalde, Paula Lima, exconcelleira, e Santiago Domínguez, tesoureiro do partido AIAR.Todos eles senten profundamente o que está a acontecer, e aínda que renuncian a seguir formando parte do partido AIAR, non deixan de formar parte desa xente que votou por un claro cambio nas políticas de Arbo sendo o que é agora, un concello onde todos collen e non hai diferenzas porque sexan dun ou outro partido, polo que seguirán traballando en favor de todos os veciños de Arbo.

También te puede interesar