A Policía Científica investiga a aparición do cadáver dunha moza, entre O Portiño e San Pedro. Un particular alertou, arredor das 3 da tarde, aos servizos de Emerxencia de que había un corpo nas rochas. Ata o lugar trasladáronse efectivos médicos, os Bombeiros da Coruña, a Policía Local e axentes da Policía Científica.
Debido á complexidade do terreo, o rescate efectuárono por mar cunha lancha rápida. Segundo as primeiras informacións a falecida tería entre 20 e 30 anos. O seu corpo foi trasladado para practicarlle a autopsia.