Sucesos

Morre un traballador de 58 anos, en Rairiz de Veiga, logo de caer dende un tellado

J.V.S, un traballador duns 58 anos de idade faleceu este luns pola tarde ao caer dende unha altura duns cinco metros dun tellado no que traballaba no concello ourensán de Rairiz de Veiga. Segundo fontes do 112, o accidente prodúxose preto das 4 da tarde cando o home realizaba uns traballos no tellado dunha casa no lugar de Guillamil.

Logo de dada a alerta do suceso, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial, un helicóptero medicalizado e persoal sanitario do PAC de Xinzo de Limia, que confirmou o falecemento por un traumatismo craneoencefálico severo.

 

También te puede interesar