Unha candea esquecida pode ser a causa do incendio que afectou de xeirt moi importante á nave lateral esquerda da igrexa parroquial de Rubiós, en As Neves, segundo aseguraron os Bombeiros. A alerta de que o templo, no que non había ninguén, estaba ardendo deuna unha veciña do lugar ao ver sair fume polo campanario.
Segundo as primeiras estimacións, o lume deixou inservibles varios obxectos, ademáis do confesionario e a instalación eléctrica, ainda que, segundo os veciños, os danos máis “preocupantes” son os que sufriu a imaxe da Virxe do Libramento, que perdeu parte da sua vestimenta e ten afectada a cara e o manto.
Para arranxar o templo poñerase en marcha, inmediatamente, unha campaña para que os veciños poidan colaborar e axudar a reparar os desperfectos, a mesma podería iniciarse o vindeiro luns, día 14, e seguir ao día seguinte de cara a “ver primeiro en qué estado quedou o templo e logo iniciar a sua recuperación”.