Vigo al minuto

Barreras negocia outros encargos con Pemex

Eso asegurou este martes o presidente do asteleiro antes de participar na xuntanza do comité de Navalia, en Vigo. José García Costas salientou que os devanditos proxectos serán presentados este mércores en México e, sen querer avanzar máis, adiantou que “darán carga de traballo abondo” e que é posible que se emplece con eles antes que co flotel.

Neste senso, o presidente de Barreras lembrou que o contrato asinado coa filial de Pemex para optar ao concurso dos floteles foi prorrogado hai un mes, e que a prórroga expira o próximo 15 de outubro, un mes e medio antes da data que deu Pemex para dar a coñecer o fallo definitivo desa licitación: o 27 de novembro, “ou temos novidades antes dese día ou haberá que volver prorrogar o contrato”, concluiu García Costas.

Polo que atingue á entrada da petroleira mexicana no accionariado de Barreras, o responsable do mesmo acrarou que esa operación será simultánea á adxudicación do flotel, “non tería sentido que entre, se non é con carga de traballo”.

 

También te puede interesar