A Casa-Museo de Rosalía de Castro pechará ao público dende este domingo, ata o 30 de novembro, para levar a cabo a segunda fase das obras de acondicionamento do inmoble. Tras unha primeira fase acometida a finais de 2012 e inicio de 2013 na que se acondicionou a planta baixa da casa, nesta segunda fase levarase a cabo a mellora do primeiro piso, eliminación de humedades, rehabilitación do faiado, instalación de chan radiante, acondicionamento de carpintaría exterior e sistema de seguridade.
Trátase dunhas obras necesarias para poder acometer posteriormente a reforma do perfil museográfico da Casa Museo e dotala de infraestrutura para a incorporación de novas tecnoloxías audiovisuais e novos servizos para os visitantes.