A merea vermella, que xa pechou 45 dos 54 polígonos de mexilóns, pode empeorar

Bateas na Ría de Vigo/Tresyuno Comunicación

A directora do Intecmar asegurou este sábado que a marea vermella “aínda pode empeorar“, posto que “aínda estamos nun episodio ascendente de presenza de toxina” nas rías galegas. Neste sentido, manifestou que “a semana que vén pode haber novos peches” de zonas de cultivos de mexillón e bancos marisqueros.

Covadonga Salgado salientou en rolda de prensa que permanecen pechado todos os polígonos de viveiros flotantes de mexillón en Galicia debido aos dinoflagelados tóxicos -producidas por algas que son tóxicas e das que se alimentan os moluscos– salvo tres na ría de Arousa e seis na ría de Vigo., de xeito que non se pode extraer mexillón en 45 dos 54 polígonos.

Salgado indicou que Galicia tivo episodios de toxina “aínda máis elevados“, como en 2005, pero o actual “aínda non chegou ao seu cume e polo tanto, temos que ser precavidos”, recalcou.

En canto á situación dos bancos marisqueros, nas Rías Baixas hai cinco zonas abertas -catro na Ría de Arousa e unha na de Vigo-, pero permanecen pechadas de forma efectiva sete zonas de extracción e de xeito preventivo outras seis, que “se”van manter ata a semana que vén”.

Nós pensamos que a situación aínda pode empeorar e, polo tanto, podemos chegar a pechar máis polígonos. Sen ánimos de ser alarmistas, estamos nunha situación moi similar á do ano 2005, que provocou peches prolongados de meses”, recoñeceu a directora de Intecmar en resposta ás preguntas dos xornalistas.

 

También te puede interesar