Ducias de afectados polas regularización da flota concentráronse este sábado en O Grove, durante a Festa do Morisco, para esixir que se parelice a norma actual xa que a moitos deles oblígalles a facer cuantiosos investimentos para adaptar as embarcacións.
Os congregados criticaron que se non realizan inversións – que en algún casos poden superar os 15.000 e 20.000 €- ainda que poderán traballar, quedarán fora das posibilidades de subvencións e, ademáis, non poderán vender os barcos cando se retiren.
Entre os manifestantes estaba o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Fajardo, quen denunciou que non haxa eleccións nas confradías de pescadores dende hai seis anos,”ainda que xa se pediron no parlamento á conselleira do Mar, pero non fixo caso ningún”. Na súa opinión elo é asi porque Rosa Quintana “non quere cambio ningún de rumbos nas confradías para continuar co inmovilismo dos afín sao PP e sen aplicar a democracia”.