Vigo al minuto

A Universidade de Vigo supera a media das universidades españolas en solicitude de patentes

A Universidade de Vigo tramitou, no que vai deste ano, unha ducia de patentes nacionais e cinco internacionais, e supera a media de solicitudes das universidades españolas, coa petición de entre 20 e 25 patentes cada ano. Segundo se deu a coñecer este mércores na segunda xornada de Patentes -organizada pola propia Universidade de Vigo, en colaboración coa Oficina Europea de Patentes e a Oficina Española de Patentes e Marcas –en 2012 se solicitaron 17 patentes nacionais e 6 internacionais, e concedéronse 14 que estaban en trámite dende anos anteriores.

Segundo sinalou o reitor, con actividades como a desta xornada, a institución académica trata de “sensibilizar” á comunidade investigadora sobre a necesidade de “identificar e protexer os resultados do seu traballo”.

Salustiano Mato salientou que eses mecanismos permiten tamén que os descubrimentos e as investigacións se transformen en produtos e servizos para os cidadáns. Precisamente, a Universidade ten actualmente unha carteira de 150 patentes, entre as que destacan un sistema de fotografías cenitais con aplicacións forenses, un dispositivo laminar de bloqueo de portas domésticas para nenos ou un estanque de aireación para cultivo de microalgas.

A estas patentes súmanse outro “modelos de utilidade”, un tipo de protección industrial cunha duración menor, de dez anos, e que responde a requisitos menos esixentes.

 

También te puede interesar